Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia que só 11 persoas se beneficiaron das axudas aos comedores escolares

RR_Noticias

Os socialistas critican que das 41 persoas que solicitaron esta subvención só se lle concedera a 11 familias malia que non se chegou a gastar a totalidade da partida económica orzamentada para cubrir esta necesidade. Aseguran que dos 32.000 euros destinados, só se gastaron 5.044,89 euros.

A partida de 2012 para esta axuda estaba fixada, segundo explican dende o PSOE, en 32.000 euros, dos que se gastaron tan só 5.044,89. Este servizo foi solicitado por 41 persoas e só se lles foi concedida a 11. Dos rexeitados, tendo en base os requisitos expostos nas bases reguladoras, seis foron excluídos por moi pouca diferencia. Algo que pasou desapercibido para a comisión de avaliación, na que a presidenta é a propia concelleira, que se encargaba de tratar tódalas solicitudes que chegaban ó concello.
Engaden dende o partido socialistas que “nos tempos de crise que corren, as familias precisan de tódalas axudas posibles para garantir a boa alimentación dos pequenos que acoden os colexios públicos, nos que polo menos terían asegurada unha comida equilibrada ao día”. Por este motivo entende quen resulta estraño que as bases establecidas para poder optar a dita axuda deixen fora a moitas familias malia que na partida sobren cartos suficientes como para atender a un número maior de demandantes. Por este motivo, dende o PSOE reclaman que se modifiquen ditas bases.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará