Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco non pode co filial do Pontevedra e afástase da fase de ascenso

RR_Noticias

O conxunto granate impúxose na Xunqueira por 2-0, e frustras as aspiracións do equipo redondelán, que se sitúa na 4ª praza do grupo. Na Segunda Autonómica os encontros de Choco B e Chapela saldáronse con empates. No Futbol Sala o Redondela escala ata a 6ª posición da táboa.

Preferente Sur
Pontevedra 2-0 Choco
Os de Jacobo Montes, unha vez superado o obxectivo da permanencia, buscaba unha praza para a fase de ascenso. A falta de dúas xornadas e logo da derrota en Pontevedra o soño semella moi difícil de acadar. Pola contra o filial granate deixou practicamente pechada a súa permanencia. A diferenza que reflicte a clasificación púxose de manifesto coa calidade dos atacantes do Choco. O dianteiro Albert protagonizou até catro ocasiones de gol na primeira media hora. Sempre desde a banda dereita, Albert viu como os seus disparos marchaban desviados ou eran detidos por Edu Sousa, moi acertado na tarde de onte. O Pontevedra B pechou a primeira metade cunha única ocasión que Paco enviou á dereita de Cortegoso. Na segunda parte a sorte estivo do lado dos locais. No minuto 57 un erro defensivo do Choco permitiu a Javi Pazos bater a Cortegoso. Aínda que o Choco adiantou as súas liñas, a puntilla poríaa Tomás, quen aproveitou un pase de cabeza de Pazos para superar a Cortegoso no minuto 72. Os de Jacobo Montes non tiveron premio ó seu esforzo, e agora están na 4ª praza do grupo, a tres puntos dos dous primeiros. A próxima xornada recibe ao Gondomar (6º).
Segunda Autonómica

Candeán 5 Jotas 1-1 Choco B
O filial do Choco conseguiu rabuñar un punto no campo do líder, e son 3º do seu grupo. Na próxima xornada reciben en Redondela ao Vilariño, que está na 4ª praza.
Chapela 2-2 Sárdoma
Reparto de puntos que deixa ó Chapela na 14ª posición da táboa. O próximo encontro xogarano en Coia, contra o 5º clasificado. En canto á situación do club, a Xunta Directiva convocou unha asemblea ordinaria para o próximo 28 de xuño. A xuntanza prevista para o pasado venres día 3, e na que estaba previsto elixir ó novo presidente, non chegou a celebrarse por un erro de forma. O actual presidente, Jose Luis Ballesteros, explicou que tampouco se presentara ningunha candidatura alternativa.
Soutomaior 2-1 Figueirido
Partido no que se pelexaba pola permanencia e que se saldou a favor do Soutomaior, cun xogo directo que superou ó Figueirido. O próximo encontro xogarán no campo do C.Pontevedra.
Juvenil 7-2 Nespereira
Os de Pazos non abandonan a posición de pechacancelas logo da derrota por goleada diante do Juvenil. Na próxima xornada reciben ó Pontellas B.
Terceira Autonómica

Vincios 3-1 Atl.Vilar
Os redondeláns non puideron co rival e rematan a liga na 11ª praza do grupo. Ascenden Oiense e Sampaio.
Cesantes 1-2 Cotobade
A próxima xornada o Cesantes xoga no campo do Caroi.
Estación 1-2 Arcade
O Arcade xogábase o ascenso directo e non fallou na súa visita á Xunqueira. Malia comezar con vantaxe os locais, no segundo tempo os de Soutomaior conseguiron a remontada con goles de Pablo e Pazos. A falta de catro xornadas hai triplo empate entre Arcade, Bueu e San Andrés por dúas prazas de ascenso directo. Na próxima xornada reciben ó Monteporreiro.
Futbol Sala – Liga Galega Sur

Pandiña 1-3 Redondela
Os de Julio Mougán impuxéronse no Morrazo e xa son 6º a falta dunha xornada. Excelente segunda volta do equipo, que no ecuador da competición esta nunha perigosa situación. O sábado despedirán a liga en Redondela, diante do Cafetería Luar (8º).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará