Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amante Romero: “tratáronnos coma se fósemos delincuentes”

RR_Noticias

O secretario da Comunidade de Montes de Cabeiro Amante Romero é un dos imputados polos presuntos danos causados ao xacemento arqueolóxico en Monte Penide a consecuencia dunha tala. Romero nega rotundamente que se teña provocado ningún desperfecto nas mámoas “tal e como así o acredita un arqueólogo que visitou á zona”. Están a espera do informe que elabore o arqueólogo para demostrar a súa inocencia.

En total foron catro as persoas detidas polo Servizo de Protección da Natureza da Garza Civil (SEPRONA) que na xornada de onte tiveron que pasar por dependencias policiais para declarar. Alí lles fixeron ficha policial, segundo explicou Amante Romero, secretario da Comunidade de Montes de Cabeiro, quen asegura que os detidos non cometeron ningún dos desperfectos dos que se lle acusa. Ademais de Amante Romero, foron detidos o presidente da Comunidade Manuel Álvarez López, o responsable dunha empresa madeireira e un operario que participou nos traballos de tala. Os tres primeiros están imputados por un presunto delito contra o patrimonio cultural de Galicia e quedaron en liberdade con cargos á espera de que se celebre o xuízo. As detencións leváronse a cabo logo dunha denuncia presentada o pasado 22 de abril por parte da Comunidade de Montes de Trasmañó e que levou aos axentes do Seprona a paralizar cautelarmente os traballos de tala que se estaban a desenvolver en Monte Penide polos danos que o uso de maquinaria pesada estaría a provocar nos xacementos arqueolóxicos existentes neste entorno. Os túmulos que supostamente teñen sufrido desperfectos, á espera do informe definitivo do servizo arqueolóxico da Xunta, son os numerados como 23 e 32 do catálogo de patrimonio da Xunta. Uns danos que Amante Romero nega categoricamente e asegura que nese sentido presentarán un informe dun arquólogo que xa visitou a zona e comprobou que en ningún caso “a tala afectara ás mámoas ou a outro elemento arquolóxico”.  

Amante Romero Secretario da Comunidade de Cabeiro
Entende que o problema nace polo enfrontamento entre as Comunidades limítrofes
Paralización cautelar
Como faltaba un trámite se paralizaron os traballos
Mámoa intacta
Amante convida a quen queira achegarse que comprobe que a mámoa está intacta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará