Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa do choco acolle unha “show cooking” a cargo do cociñeiro Antonio Botana

RR_Noticias

Os asistentes ao evento gastronómico poderán ver en directo a elaboración de diferentes pratos a base de chocos. Unha actividade que completa un programa no que se inclúe a celebración dunha feira de artesanía, unha master class de cociña na Illa de San Simón e o tradicional concurso gastronómico. O pregón correrá a cargo do actor Xosé Touriñán do programa da TVG Tourilandia.

As Festas do Choco chegan a súa XXVII edición e fano con moita gastronomía. Ademais das casetas de degustación nas que se poderán saborear os diferentes pratos elaborados con chocos da ría, a gastronomía estará presente tamén nas actividades paralelas que se organizan nos propios días da festa e nas xornadas previas.
Así, os días 6, 7 e 8 de maio celébrase na Illa de San Simón unha master class orientada a profesionais da cociña. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente  na páxina do concello xa que as prazas son limitas. As saídas serán do Porto de Cesantes ás 17:30 horas.
E xa na propia fin de semana o sábado día 12 ás 20:00 horas o cociñeiro Antonio Botana será o encargado de elaborar diferentes pratos en directo e diante de todos os asistentes dentro dunha actividade cada vez máis popular coñecida como “show cooking”.
O pregón que se poderá escoitar ás 12:30 horas do domingo correrá a cargo de Xosé Antonio Touriñán, actor responsable do televisivo programa Tourilandia.
Durante toda a fin de semana haberá música con pasarrúas, charangas e as tradicionais verbenas, o sábado a cargo da Orquestra Saudade e o Grupo Diseño e o domingo co grupo Alcotán.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará