Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrúbase unha parte do camiño da Portela

RR_Noticias

O PSOE de Redondela denuncia que a falta de mantemento dos camiños e estradas por parte do concello está a provocar que moitos viais do concello presenten importantes danos. Salientan nos últimos días o derrubamento dunha parte do camiño da Portela en Cedeira e reiteran a fenda de 25 metros aínda sen arranxar nun camiño de Cabeiro.

Se a semana pasada o Partido Socialista de Redondela denunciaba o estado no que se atopa o Camiño do Campiño de Cabeiro, denuncian agora o estado no que se atopa o Camiño da Portela en Cedeira. Nunha zona de bastante tráfico que conecta a Portela coa N-550, a beiravía e parte da estrada, así como o gardarraíl, víronse abaixo á altura do antigo túnel do ferrocarril.
O gran desnivel que hai tralo gardarraíl, que quedou suspendido no aire, supón segundo explican “non só un perigo para os vehículos, senón que tamén o é para os peóns”. Ademais, ao igual que se fixo no caso de Cabeiro, o Goberno local optou por advertir do perigo da zona cunha sinalización ineficaz formada por unha cinta de obra e varas de ferro cravadas na estrada, que xa non se teñen en pé.
Os socialistas lembran que no último pleno municipal xa advertiran de que isto podería acontecer debido a que o PP non tiña destinado partida económica para o mantemento e limpeza dos camiños da vila, unha partida que estiman debería ascende a “300.000 euros cantidade que o PSOE destinaba a estas obras cando gobernaba”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará