Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos en Chapela e Redondela

RR_Noticias

As bibliotecas de Redondela organizan o venres 25 dúas sesións de contacontos orientadas a rapaces de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. As dúas citas terán lugar ás 18:30 horas, unha na biblioteca de Chapela no Piñeiral do Crego e a outra no Multiusos de Redondela.

Marisa Irimia será a encargada de conducir a actividade que baixo o nome “Kontos de akí e de akolá” vai ter lugar mañá ás 18:30 horas no Multiusos da Xunqueira. Un contacontos orientado a rapaces de idades comprendidas entre 3 e os 10 anos con entrada libre ata completar o aforo. En Chapela a cita asera a mesma hora, aínda que neste caso será o alumnado de Educación Infantil do Instituto da parroquia o encargado de conducir diferentes xogos de apredizaxe lúdica en compañía de Leolo, mascota das bibliotecas. Unhas actividades orientadas aos cativos de idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos, de balde pero previa inscrición.  

Mª José Villar bibliotecaria
Actividade en Chapela
Marisa Irimia en Redondela
O seu espectáculo leva pro nome Kontos de Akí e Akolá

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará