Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG levará aos consellos parroquiais o rexeitamento á ampliación da Ponte de Rande

RR_Noticias

Os nacionalistas cualifican de “insulto á cidadanía” a iniciativa do Partido Popular sobre a Ampliación da Ponte de Rande. Aseguran que se trata dun engano a veciños e veciñas afirmar que unicamente se apoia a ampliación na Ponte “cando todo apunta a que unha vez feita esa actuación a obra do terceiro carril seguirá por Cabanas e Chapela”.

Na última xuntanza do Consello Local do BNG valorouse moi negativamente esta iniciativa que ao entender dos nacionalistas “se trata dunha manobra urdida polo PP para tentar quedar ben con Fomento e Audasa e, ao mesmo tempo, anular a frontal oposición que esta obra ten por parte da veciñanza de Redondela” xa que “non existe outra explicación para que o Partido Popular presentase esta Proposición Non de Lei no Parlamento Galego”. 
O BNG de Redondela critica especialmente ao parlamentario e ex concelleiro Alberto Pazos como “responsábel de promover e apoiar esta iniciativa, a pesar de que mentres foi concelleiro se declarou contrario a esta obra”. Tamén ao propio alcalde, Javier Bas “por non ter parado dita proposta”.
Consellos Parroquiais.
Co fin de reprobar a actitude do Partido Popular nesta materia, e apostar por un rexeitamento claro, conciso e contundente dos veciños a calquera tipo de ampliación da AP-9, o BNG vai levar aos diferentes Consellos Parroquiais un texto para que estes organismos se opoñan sen fisuras a calquera proposta que poida xustificar “unha obra faraónica que non vai resolver nada ou que incluso vai agravar as condicións de vida de moitos veciños”
O BNG comprométese ademais a apoiar calquera iniciativa das forzas sociais e colectivos que teña como obxectivo a oposición a dita obra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará