Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranxar os danos causados polo vándalos no paseo marítimo de Arcade custará dez mil euros

RR_Noticias

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, pide a colaboración dos cidadáns para que acheguen calquera pista que poida facilitar a identificación dos autores que na madrugada do mércores ao xoves esnaquizaron o mobiliario urbano do paseo marítimo e o peirao de Arcade ademais de provocar danos en dúas embarcacións.

O Concello de Soutomaior denunciou ante a garda Civil de Arcade os danos causados no paseo marítimo de Arcade e na zona da praia e o peirao. Os vándalos que actuaron na madrugada do xoves deixaron tras de si un regueiro de danos coa rotura dunha ducha, cinco bancos de madeiras e dous  bancos de pedra ademais de arrancar varias papeleiras algunhas das cales acabaron no mar. Tamén se contabilizaron danos nunha lancha fora borda e envorcaron un bote de poliest4er de recreo. Os axentes detectaron ademais diversos danos no cableado do subministro eléctrico na nova pasarela de madeira construída baixo a ponte da N-550 . Danos cuxo arranxo podería superar os 10.000 euros segundo as estimacións do Concello.
Dende o Concello piden a colaboración de todos os cidadáns por si teñen algún indicio que facilite a identificación dos autores destes actos vandálicos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará