Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O propietario dun taller deberá pagar 47.652 euros por vender un BMW inexistente

RR_Noticias

A Sección Quinta da Audiencia condena ao propietario do taller a un ano e 8 meses de cárcere e a indemnizar con 47.652 euros á empresa Clarisa e Hijos Carrasco S.L. por vender un BMW que nunca entregou.  Por outra banda, o Xulgado do Penal de Vigo condenou a un home a un ano de prisión por tentar roubar a dúas persoas na praza de Ribadavia ameazándoas co pao dunha vasoira

Os feitos tiveron lugar no ano 2010 cando o propietario do taller, R.S.L. convenceu a outro empresario para que comprase un BMW de alta gama a cambio do cal entregou preto de 48.000 euros. Con todo, a comprador nunca chegou a recibir o vehículo malia ter contratado un leasing nun banco para poder facer fronte aos gasto da compra, o que lle supuxo unha serie de gastos que agora deberán ser compensados polo acusado.
Intento de roubo
Por outra banda, o Xulgado do Penal de Vigo condenou a un home a un ano de prisión por tentar roubar a dúas persoas na praza de Ribadavia ameazándoas co pao dunha vasoira. Ao carecer de antecedentes penais, o acusado poderá conmutar a pena de cárcere a cambio de que non delinca nos vindeiros dous anos.
Os feitos tiveron lugar na madrugada do 6 de maio do pasado ano cando o condenado ameazou a dúas persoas na praza de Ribadavia para tratar de roubarlles os cartos que levaban. Ameazounos incluso con darlles unha malleira, aínda que non foi quen de subtraerlles os cartos.
O xuíz atribúelle un delito de roubo con violencia en grao de tentativa polo que o condena a un ano de prisión aínda que opta por suspender a execución da pena condicionado a que non delinca nos vindeiros dous anos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará