Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carlos Callón presenta o seu libro en Redondela

RR_Noticias

O Servicio de Normalización Lingüística organiza a presentación do libro “Como falar e escribir en galego con fluidez e corrección”. O acto contará coa presenza e intervención do seu autor Carlos Callón, este mércores 17 ás 20:30 horas na Casa da Cultura.

De xeito desenfadado e mediante anécdotas, o libro ofrece consellos prácticos para dar o paso de usar o galego e mellorar a nosa calidade lingüística, deixando atrás posibles prexuízos ou medos á hora de empregar o noso idioma. Unha actividade que forma parte dun programa de actos que ten en marcha o Servicio de Normalización Lingüística e que arrancou coa celebración xunto coas bibliotecas de Redondela da V semana do libro, consistente nunha exposición multilingüe de libros en todos os idiomas da península que irán percorrendo os centros de ensino secundario do concello. O vindeiro luns, día 22 celebran ademais un concerto presentación do libro-disco María Fumaça co espectáculo Cantaruxa coa bruxa Maruxa orientado exclusivamente a alumnado dos centros de infantil e primeira.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Presentación a cargo de Carlos Callón
V Semana do Libro
As bibliotecas e o Servizo colaboran nesta actividade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará