Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Estenophoto na Xunqueira

RR_Noticias

O Multiuso da Xunqueira acolle ata o vindeiro 10 de maio a exposición colectiva “Estenophoto” a cargo da asociación Arte k3 da que forman parte un grupo de persoas afeccionadas e profesionais da fotografía interesadas por experimentar coa técnica fotográfica. Nesta ocasión botan man do que se coñece como fotografía estenopeica, unha das primeiras técnicas utilizadas neste ámbito.

A obra de Iria Rodríguez, Sara Priego, Sofía Cernadas, Kike Martínez, Marcos Faría e Toni Vacas conforman esta exposición colectiva que se poderá visitar no Multiusos da Xunqueira ata o vindeiro 10 de maio.
Unha mostra que supón recuperar unha das primeiras técnicas utilizadas no ámbito da fotografía  e que permite obter imaxes e negativos sen practicamente nda de quipo, tan só cunha cámara estenopeica, un aparello sinxelo que nada ten que ver coas maodernas cámaras dixitais.
Esta exposición é o produto dun ano de traballo dalgúns compañeiros que integran Arte_k3. A súa inquietude pola fotografía estenopeica tivo orixe en diversas actividades que organizou este movemento durante o ano 2012, e que hoxe comparten neste espazo.
.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará