Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela esixen que se manteña unha oficina bancaria no barrio da Igrexa

RR_Noticias

Na asemblea celebrada onte acordaron iniciar mobilizacións para evitar o peche da sucursal de NGB na avenida de Redondela. Xa conseguiron reunir 1.300 sinaturas para que a oficina siga aberta, e denuncian que a súa clausura suporía un grave prexuízo para os veciños e comerciantes da zona. Se NGB mantén a súa postura negociarán con outras entidades bancarias para cambiar as súas contas a aquela que se instale no barrio.

O malestar entre os veciños e empresarios da zona de Chapela “de arriba” é notable. A decisión de NGB de pechar a sucursal de avenida de Redondela, no barrio da Igrexa, e manter como única oficina da parroquia a da avenida de Vigo supón para eles “un grave prexuízo”. Esta nova situación obriga ós clientes a desprazarse a outra zona da parroquia para facer as súas xestións, co trastorno e os gastos de transporte que implica. Como explica Seve, o problema é aínda maior para os veciños de idade avanzada, que en moitos casos non dispoñen de coche e terán que depender “da liña de autobús ou do taxi” para facer as súas xestións. Para os comerciantes da zona suporá ademais unha importante perda de negocio. Están convencidos de que se os clientes deben acudir á avenida de Vigo para cobrar a súa paga xa farán as compras nesa zona. Teresa, que traballa nun supermercado da zona, está convencida de iso suporá “o peche” de moitos establecementos no barrio da Igrexa. Na asemblea celebrada onte no Piñeiral do Crego os veciños acordaron mobilizarse para impedir o peche, previsto para o 15 de maio. Na xuntanza, convocada pola Asociación de Afectados pola AP-9 e a Comunidade de Montes, anunciaron que acudirán a outros bancos coas 1.300 sinaturas recollidas. Os veciños están dispostos a cambiar as contas para aquela entidade financeira que se instalan na zona. É o caso de veciños como Agapito, para o que a situación é “inaguantable”. O peche da oficina, unido ó caso das participacións preferentes, ten acabado coa paciencia dos clientes. Segundo os plans da entidade nacionalizada, a do barrio da Igrexa será unha das 12 sedes que NGB pechará este ano na provincia de Pontevedra. Serán un total de 49 as que cesarán este ano a súa actividade en toda Galicia.  

Seve hostaleiro
O peche da oficina supón un grave trastorno para os veciños que terán que desprazarse en autobús ou taxi.
Teresa comerciante
A clausura da oficina suporá unha caída do negocio na zona e moitos establecementos terán que pechar.
Agapito veciño
Os veciños están dispostos a cambiar a súa conta a outro banco que se instale no barrio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará