Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración contra a violencia de xénero no Concello

RR_Noticias

Logo dos últimos actos de violencia de xénero acontecidos durante a Semana Santa e que en Galicia se saldaron cunha muller asasinada en Lugo polo seu compañeiro, dende o Concello amosan a súa repulsa e condena ante toda clase de actos violentos contra as mulleres e convocan unha concentración diante do edificio consistorial para hoxe martes ás 20:00 horas.

Na súa loita contra a violencia de xénero, o Concello de Redondela aprobou unha moción, asinada por todos os partidos políticos que conforman a corporación, co fin de facer reflexionar á sociedade e tratar de visualizar este problema social que nos afecta a todas e todos. Froito desta moción, foi colocado un lazo violeta no balcón do Concello, na árbore Gingko Biloba e na páxina web do Concello. Ademais, gardarase un minuto de silencio no próximo pleno do xoves 4 e convócase a toda a cidadanía a unha concentración diante do edificio do Concello o Martes as 20;00 horas.
A violencia de xénero é un problema dunha índole que transcende xa do ámbito particular e estase a converter nunha auténtica crise social, na que todos os poderes públicos han de implicarse, ben para tratar de previr estes terribles sucesos, como para protexer e axudar a quen sofre violencia por ser muller.
Nesta liña, o goberno municipal fai un chamamento ás mulleres que están sufrindo violencia e á sociedade para que se denuncien estas situacións e acudan á Policía, aos Xulgados ou ao Centro de Información ás Mulleres para activar os recursos existentes na loita contra esta lacra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará