Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta insta ao Ministerio de Fomento a limitar a ampliación da AP-9 só á ponte de Rande

RR_Noticias

O goberno galego pide que o terceiro carril no viaduto sexa a acción prioritaria da autoestrada, quedando como está actualmente o resto do tramo da AP-9 que atravesa a parroquia de Chapela. Isto solucionaría en parte os problemas que a ampliación suporía para Redondela, pero non todos, xa que se mantería a ampliación da ponte coa instalación de novos alicerces sobre os restos da fortaleza de Rande.

O grupo parlamentario popular anunciou onte na comisión de Infraestruturas a presentación dunha iniciativa na Cámara autonómica para que a Xunta inste a Fomento a que axilice a ampliación do terceiro carril só na ponte de Rande, e que se evite a obra no controvertido tramo entre Teis e Chapela, que rexeitan tanto os veciños como o Concello de Redondela. Esta segunda fase, segundo explicaron desde o PP, quedaría “supeditada á construción dunha autovía alternativa entre Pontevedra e Vigo”. Así o sinalou o deputado Alejandro Gómez Alonso (PP) nun debate aberto polo parlamentario Fernández Calviño (AGE), quen propuxo paralizar a ampliación da ponte e utilizar os 150 millóns que custaría para ir rescatando tramos da Autoestrada do Atlántico (AP-9), a fin de que sexan gratuítos para os usuarios. Esta ampliación, a xuízo de Ana Pontón (BNG), sería ‘unha mala solución’ e, por iso, mostrouse partidaria de ‘priorizar’ como solución ao tráfico as autovías A-57 e A-59, emenda que non foi aceptada polo deputado de AGE, defensor de impulsar o ferrocarril. Gómez Alonso coincidiu na importancia de optar pola finalización das dúas mencionadas autovías aprobando a alternativa 11 do estudo informativo da A-57 Vigo-Pontevedra. Pero sinalou que a execución da autovía permitiría obter datos sobre a necesidade do terceiro carril entre Teis a Chapela. Unha ampliación que xeraría un grave prexuízo para os veciños da parroquia, e que afectaría non só a propiedades particulares senón tamén ao centro de saúde e varios centros de ensino. En Redondela o rexeitamento á ampliación de AP-9 é unánime e quedou de manifestou nun pleno extraordinario celebrado en Chapela e no que todos os grupos da corporación apoiaron de xeito unánime unha moción en contra deste proxecto do Ministerio de Fomento. Tamén a cidadanía se posicionou en contra na multitudinaria manifestación celebrada o pasado día 9, mobilización convocada polo Concello co respaldo de todos os grupos políticos, plataformas de afectados e asociacións veciñais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará