Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roubo frustrado na Imprenta

RR_Noticias

Uns ladróns forzaron a porta da empresa de servizos gráficos que se atopa na rúa Cooperativa de Redondela. Os propietarios, que se desprazaron ao lugar logo de ser alertados pola policía local, non botaron nada en falta do negocio logo dunha primeira valoración.

Os feitos tiveron lugar na madrugada do domingo sobre a 1:15 segundo información da policía local, un servicio que a esa hora recibía a chamada dunha veciña da zona quen alertaba do roubo. A patrulla desprazada ao lugar constataron que a pechadura estaba forzada, polo que se localizou aos propietarios da Imprenta, quen nunha primeira valoración comprobaron que os ladrón non chegaran a levarse nada do interior do negocio. A empresa foi pechada cunha cadea á espera de ser reparada a porta de entrada. A policía investiga os feitos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará