Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán local amosa o seu bo facer

RR_Noticias

Vitoria para os dous equipos redondeláns. O Solla&Cia Chapela impúxolle nun intenso duelo ao Mecalia Novás co resultado de 28-27. A Sar logrou un importante triunfo na súa visita ao campo do Viña Costeira, un encontro que rematou co resultado de 25-30.

Moita tensión no encontro disputado esta fin de semana no pavillón de Chapela como acredita o resultado final, onte tan só por un tanto de diferencia lograba a vitoria o equipo local. Os de Chapela, cun resultado final de 28-27, puideron facerse co partido ante o Mecalia Novas. A falta tan só de cinco xornada para o final da liga os postos de cabeza segue moi apertados aínda que esta vitoria dálles aos de Chapela un pouco de vantaxe ante o seu inmediato perseguidor, o Novás.
O equipo de Chapela desprázase na vindeira semana ao campo do Lalín, partido a primori doado para os redondeláns que se enfrontarán así ao décimo primeiro da táboa.
Pola súa banda, os xogadores do Plastic Omnium continúan na súa loita polo ascenso e nun gran partido na súa visita a terras ourensáns lograron unha merecida vitoria segundo as crónicas. O partido ante o Viña Costeira rematou co resultado de 25 goles a 30, unha vitoria que lles permite seguir á zaga do primeiro clasificado o Vitaldén Pontevedra á espera de que cometa algún erro que lles permita aos redondeláns alzarse co título de liga.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará