Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manuel Puertas, catro días en folga de fame por un embargo do INEM

RR_Noticias

Os donativos dos veciños que nestes días se están a solidarizar con Manuel evitan que este home de 47 anos de idade e natural de Reboreda, teña que desaloxar o piso no que está de aluguer na zona da Esfarrapada. Decidiu iniciar unha folga de fame o xoves día 7 para denunciar que o INEM lle tiña embargado o subsidio de desemprego ao que legalmente ten dereito.

A decisión de Manuel Puertas Sotelino, de 47 anos de idade en folga de fame dende o pasado xoves correu como a pólvora polas redes sociais durante a fin de semana. Mecánico axustador do naval galego, actualmente sen traballo, iniciaba o día 7 unha folga de fame. Dende entón está a durmir nos soportais do concello para denunciar que o INEM lle ten embargado parte dos catro meses de paro por unha axuda familiar xa cobrada, polo que non comezará a cobrar o subsidio de desemprego ata o vindeiro mes de abril.
Nun primeiro momento temía quedar sen casa, xa que adebeda dous meses de aluguer e estaba pendente de ser desaloxado polos propietarios do piso no que vive na zona da Esfarrapada. Finalmente o seu caseiro decidiu pospoñer o cobro do aluguer e, grazas á axuda dos que se achegan polos soportais do concello, Manuel espera poder facer fronte a esa débeda.
Agradece a solidariedade de todos os que o apoian e está a anotar todos os donativos que percibe porque o seu obxectivo é “devolver todo o que lle deixen , aínda que non llo queiran”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará