Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A proxección de Engurras clausura o ciclo Versión Orixinal

RR_Noticias

O Servicio de Normalización de Redondela pecha este sábado o ciclo de cine Versión Orixinal coa proxección de Engurras, unha longametraxe de animación 2D para un público adulto baseado no aclamado cómic do mesmo título de Paco Roca (Premio Nacional do Cómic 2008). A cinta poderase ver este sábado ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira. O prezo da entrada é de 3 euros.

Engurras narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que chega á residencia nun estado inicial de Alzheimer recibe a axuda de Miguel e outros compañeiros para non rematar na planta superior da residencia, o temido piso dos asistidos que é como chaman alí aos desafiuzados. O seu aloucado plan tingue de comedia e tenrura o pesado día a día da residencia porque aínda que para moitos as súas vidas acabaran, eles comezan unha nova. Normalización pecha con este título o ciclo de cinema en galego que en semanas anteriores proxectou as películas Vilamor e o Apóstolo.  

Tráiler de Engurras
O filme conta a historia de dous anciáns ingresados nun xeriátrico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará