Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Trespés, un traballo solidario

RR_Noticias

A cooperativa Trespés, afincada no noso concello, ven de converterse na primeira cooperativa sen ánimo de lucro da Provincia de Pontevedra. Os seus integrantes Tania Martínez, Alberte Román e Paulo Jablonski apostan por traballos de carácter ambiental e sociocultural e están a traballar agora no proxecto “Mar, traballo e patrimonio” que persegue divulgar o patrimonio cultural e natural de Redondela.

A cooperativa Trespés, constituída no ano 2011 en Redondela aposta como cooperativa sen ánimo de lucro por un dobre obxectivo, a nivel interno crear un emprego estable e digno e a nivel externo dar prioridade aos beneficios sociais e ecolóxicos fronte aos beneficios económicos. Unha aposta pola economía social e solidaria que converte a esta sociedade na primeira cooperativa sen ánimo de lucro da provincia. Entre os seus propósitos están o de ofrecer unha carta de servizos diversificada nos campos do social, cultural e medioambiental que contribúan á mellora da sociedade. E nese camiño traballan coa elaboración de proxectos tales como “Oucas de Baiona” un proxecto que traballou no uso das algas como dinamizador económico para a vila de Baiona, potenciando un recurso non moi explotado na actualidade, e que pode implicar a sectores estratéxicos como a pesca, a hostalaría, o turismo ou a industria tranformadora. Actualmente están a traballar no proxecto “Mar, traballo e patrimonio” en colaboración co concello de Redondela, unha actividade que persegue divulgar o patrimonio cultural e natural da vila. Unha das integrantes da cooperativa, Tania Martínez subliña que o feito de se converter en cooperativa sen ánimo de lucro non significa que Trespés non cobre polos seus servizos senon que os beneficios non se repartirán de forma particular senón que reverterán na sociedade mediante o apoio a proxectos sociais, novas iniciativas solidarias ou a programas de cooperación ao desenvolvemento, entre outros.  

Tania Martínez Trespés
Cooperativa sen ánimo de lucro
Mar traballo e patrimonio
Un proxecto en Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará