Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A limpeza dos cruceiros realízase baixo o control dos técnicos

RR_Noticias

O Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros, rexeita a polémica levantada polo PSOE ao denunciar o uso de auga a presión na limpeza de diferentes elementos do patrimonio en Redondela.  Aseguran dende o goberno local que a actuación que se está a desenvolver en cruceiros e fontes continuará “porque se realiza previa consulta con Patrimonio e asesorados polos técnicos municipais”.

Álvarez Ballesteros entende que as palabras do socialista Eduardo Reguera nas que falaba de “atentado contra o patrimonio histórico” en referencia ás técnicas empregadas na limpeza dos cruceiros da praza de Ponteareas ou Alfóndiga así como os traballos desenvolvidos na fonte da praza de Santiago ou nos arcos do viaduto de Pontevedra levantaron unha polémica ficticia e desproporcionada. O edil asegura que dende o goberno se acometeu a limpeza “pola presenza de musgo e verdín acumulado neses elementos ao longo dun inverno moi chuvioso” e ante o aspecto deplorable que presentaban moitos destes elementos “logo de anos sen limpar”. O voceiro do PP aínda que si confirma que se está a empregar mangueiras de auga a presión puntualiza que se fai “de forma non agresiva, exclusivamente con auga e usando os bares mínimos para non afectar a pedra”. Engade que en todo momento os operarios están a seguir as indicacións do arquitecto municipal e que a actuación foi comunicada previamente a Patrimonio. A limpeza seguirá nos vindeiros días na balaustrada do Alvedosa.    

MIguel Angel Alvarez voceiro do PP
Explica que a limpeza era necesaria pola acumulación de verdín no mobiliario
Actuación non agresiva
O edil asegura que a técnica empregada non é agresiva coa pedra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará