Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de arranxos domésticos en Saxamonde

RR_Noticias

Arranxar unha billa, cambiar un enchufe ou reparar unha cadeira son tan só algunhas das “chapuzas” ás que poderemos aprender a facerlle fronte no curso de arranxos domésticos que a partir do 8 de marzo se vai impartir na Casa Cultural de Saxamonde. As persoas interesadas pódense inscribir no teléfono 666934347. O centro organiza tamén este domingo unha andaina ás Salias de Ulló.

O Centro Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde quere contribuír ao reforzo das habilidades domésticas ofrecendo un curso de reparacións domésticas destinado a maiores de 16 anos. Os asistentes aprenderán a realizar “chapuzas” tales como arranxar unha pingueira no lavabo, un enchufe que non funciona ou unha pata de cadeira ferida. Os contidos divídense en catro módulos: fontanería, albanelería, carpintería e electricidade.
O curso terá lugar no Centro Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde os venres de 17:30 a 20:30 a partir do 8 de marzo. O prezo de inscrición é de 10 euros para socios e 20 para non socios. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 666934347.
Saxamonde calza as botas
Por outra banda, o Centro Cultural organiza este domingo 10 de marzo unha andaina orientada a un público infantil. O obxectivo é que os máis pequenos se acheguen dun xeito saudable a súa contorna.
Comezan esta xeira de andainas cunha saída ás Salinas da Ulló, no concello de Vilaboa. O lugar reúne un rico patrimonio histórico con restos de salinas do s. XVII e un muíño de maré e un diverso patrimonio natural de marisma. A ruta ten unha duración de 2 horas e media e está catalogada como doada. Os nenos e nenas que queiran ir deben ir acompañados dun adulto responsábel. Cada persoa levará a súa mochila con algo de comer e auga.
A saída está planificada o domingo 10 de marzo ás 10:30 horas no Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde. En coches particulares trasladarémonos ata Vilaboa. O retorno está previsto ás 14:30.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará