Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra o xoves o pleno suspendido pola irrupción dos afectados polas preferentes

RR_Noticias

Os veciños afectados polas preferentes rebentaban o pasado día 28 a sesión plenaria ordinaria que se ía celebrar na Casa do Concello. Os berros e pitos dos aforradores obrigaban ao alcalde Javier Bas, a levantar a sesión 15 minutos despois do seu inicio sen que se puideron debater ningún dos temas pendentes. Por este motivo fan unha nova convocatoria para este xoves día 7 ás 20:00 horas.

Un pleno que podería seguir a mesma sorte que o anterior, é dicir, que non chegue a celebrarse por mor do boicot dos “preferentistas”. De feito dende as diferentes asociacións de afectados continúan coas medidas de presión que os están a levar por diferentes concellos da Provincia como xeito de facer escoitar as súas reivindicacións. Un dos representantes da Plataforma en Redondela explicaba que o seu obxectivo e seguir presentándose nos plenos mentres non se lles dea unha solución satisfactoria ás súas demandas que pasan necesariamente por recuperar os seus cartos. En caso de que si se celebre o pleno este xoves día 7, na sesión recuperaranse as mocións presentadas con anterioridade polos grupos da oposición como o “tasazo” xudicial, o cobro do IBI á Igrexa e o apeadeiro de Chapela.  

Afectados preferentes
Carlos Igrexas anuncia máis protestas nos plenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará