Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados polas preferentes rebentan o pleno en Redondela

RR_Noticias

O alcalde decidiu suspender o pleno ante a presenza de medio cento de aforradores que fixeron soar pitos e bucinas durante 15 minutos, ata que os concelleiros abandonaron o salón de plenos. Na sesión tan só se aprobou a renuncia do ex Concelleiro de Cultura e Turismo, Alberto Pazos.

Media hora ante do inicio da sesión, prevista para as 20:00 horas, medio cento de afectados polas preferentes de Novagalicia ateigaban xa o salón de plenos de Redondela. Fora da casa do concello esperaban outros aforradores a quen non se lles permitiu a entrada no edificio por estar xa completado o aforo. Nada máis entrar os concelleiros na sala e antes de que se iniciase o pleno o ruídos de pitos e bucinas e os berros dos xa coñecidos lemas “mans arriba isto é un atraco”, “solución ou dimisión” ou “non pararemos ata que cobremos” impediu a celebración da sesión, que se suspendeu logo de quince minutos de espera.   Dende a Plataforma, Carlos Igrexas explicaba  que o obxectivo destas protestas é “facer escoitar as súas reivindicacións” motivo polo que teñen previsto estar presentes en todos os actos de carácter político que se celebren na comarca. Unha sesión na que si se aprobou previa reunión dos voceiros, a renuncia do xa ex edil de Cultura e Turismo e voceiro do PP no concello, Alberto Pazos quen deixa definitivamente as súas funcións no goberno local para centrarse na súa nova etapa como deputado no Parlamento. O resto dos temas previstos trasládanse a un pleno posterior cuxa celebración aínda está pendente de concretarse. A continuación o alcalde levantou o pleno e o grupo de goberno abandonou a sala sen que se producira ningún incidente. Malia o cabreo dos membros da plataforma Igrexas puntualizaba que en ningún caso barallaron a posibilidade de reter aos concelleiros populares “porque non queren que os acusen de secuestrar a ninguén” tal e como si sucedeu no Porriño. Logo de abandonar o salón os concelleiros do goberno, os membros da oposición permaneceron quince minutos máis na sala como apoio ás queixas dos presentes. Incluso varios concelleiros decidiron vestir as camisetas reivindicativas dos aforradores. O malestar dos afectados trasladouse tamén a outros dous plenos da comarca, con incidentes en Mos e Nigrán. Cos de onte son xa cinco as sesión municipais que se tiveron que suspender nos últimos días na provincia.

Berros e pitos
Os afectados fixéronse escoitar
Carlos Igrexas
Unhas protestas para demandar os seus cartos
Secuestrar alcaldes
Protestas pacíficas pero ruidosas que non pasan por reter a ningún político

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará