Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alberto Pazos renunciará no pleno de hoxe ao seu cargo de Concelleiro

RR_Noticias

O edil de Cultura e Turismo e voceiro do PP en Redondela, Alberto Pazos deixará definitivamente as súas funcións para centrarse na súa nova etapa como deputado no Parlamento. O incorporación de Julio Alonso como novo concelleiro popular non se fará efectiva ata un pleno posterior. Na sesión, que arrancará ás 20:00 horas na Casa do Concello, falarase tamén do “tasazo” xudicial, do cobro do IBI á Igrexa e do apeadeiro de Chapela.

Na sesión plenaria que arrancará ás 20:00 horas na Casa do Concello abordaranse tamén outros temas que preocupan aos grupos da oposición e que chega a este pleno en forma de moción.
Así, falarase do polémico “tasazo xudicial” que grava a interposición de demandas en toda clase de proceso. Unha normativa que entrou en vigor no pasado mes de decembro e que supón que o custe na interposición de demandas se vise incrementado con contías que oscilan entre os 50 e os 750 euros.
O BNG entende que o incremento destas taxas dificultan o acceso da cidadanía aos servizos da administración de xustiza motivo polo que solicitan que se inste á Xunta de Galicia a que demande do goberno central a derogación da lei de taxas xudiciais.
Pola súa banda, dende o PSOE instarán ao goberno local realizar as xestións necesarias para construír o apeadeiro de Chapela, un servizo do que carecen os veciños e veciñas da zona dende o mes de agosto de 2011, mes no que o tren deixou de circular dende Rande ata a estación de Urzáiz. Lembran os socialistas que en novembro de 2011 o Ministerio de Fomento licitou o contrato de servizos para a redacción do proxecto de construción dunha “estación de viaxeiros” cun presuposto de 150.250 € e cun prazo de redacción de tres meses sen que ata o de agora este servizo se teña posto en marcha polo que piden urxentemente que se dedique o diñeiro necesario para a construción do apeadeiro de Chapela y tamén o adecentamento desa zona na parroquia.
Debaterase tamén unha moción de AER na que solicitan que o Concello proceda a cobrar o Imposto de Bens Inmobles das propiedades da Igrexa que non estean exentas deste pago. Unha solicitude que chega dez meses despois de que se aprobase a elaboración dun censo para coñecer cales son os bens no noso municipio rexistrados a nome desa ou de calquera outra confesión relixiosa. Lembran que o impago do IBI por parte da Igrexa “ademais de ser inxusto non se axusta á lei”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará