Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Senghasoil promove a posta en marcha dunha horta comunitaria en Redondela

RR_Noticias

O centro social o Recuncho organiza o mércores 27 ás 20:30 horas unha xuntanza para coordinar a posta en marcha dunha horta comunitaria. A cita está aberta a todos os que estean interesados en cultivar ou os que teñan leiras que non usen. Será no local social autoxestionado, na rúa Reveriano Soutullo.

O colectivo Senghasoil, que entre outros obxectivos ten o de fomentar a participación e implicación cidadá para conseguir unha maior autosuficiencia, convoca para esta tarde unha xuntanza para coordinar a posta en marcha dunha horta comunitaria. Por este motivo convidan a todas as persoas interesadas en obter os seus propios alimentos traballando de forma colaborativa a terra a unha xuntanza que terá lugar hoxe mércores, as 20 :30 h no Local Social Autoxestionado ” O Recuncho” sito no nº 10 da rúa Reveriano Soutullo (encima do Xan Carallás).  

Tono Bujones SenGhasoil
Un proxecto que quere recuperar tamén coñecementos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará