Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños desconfían do impacto que terá en Reboreda o proxecto urbanístico de Pousadouro

RR_Noticias

Os propietarios da finca retoman o proxecto que permitiría a construcción de vivendas nunha finca de Reboreda de 63.000 metros cadrados. Os veciños desconfían das consecuencias que o incremento de poboación podería provocar na zona. O edil de urbanismo, Arturo González asegura que o proxecto está en fase inicial e que en ningún caso se vai permitir a construcción de edificios en altura.

O concelleiro de urbanismo, Arturo González e o arquitecto municipal reuníronse onte cos veciños de Reboreda nun Consello Parroquial extraordinario convocado expresamente para lle trasladar ás asociacións a actuación que prevé a empresa Hermanos Veiga para o desenvolvemento urbanístico de Pousadouro. Un proxecto que, segundo González, está nunha fase moi inicial polo que aínda se descoñece cal sería a actuación urbanística concreta que afectaría a esta finca de 63.000 metros cadrados.   O edil lembra que o Plan Parcial do ano 1994 impide a construcción de edificios en altura na zona, polo que descarta que a actuación provoque un grave impacto visual pero si recoñece que un incremento notable das vivendas tería efectos importantes nos servizos, que non están preparados para atender a un maior número de residentes. Un temor que tamén desacouga aos veciños de Reboreda e así llelo trasladaron onte ao representante do goberno local nun consello non que puxeron o acento na ausencia de viais axeitados e no impacto que nos servizos de auga, luz e sumidoiro tería a edificación de Pousadouro.  

Arturo González edil de urbanismo
O Concelleiro insiste en que o proxeto está nunha fase inicial
Temores dos veciños
Efectos nos viais e nos servizos de auga luz e sumidoiro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará