Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alcalde analiza coa Zona Franca as posibilidades de Redondela de acoller un viveiro de empresas

RR_Noticias

O rexedor Javier Bas mantivo unha reunión de traballo coa delegada, Teresa Pedrosa, para coñecer de primeira man os proxectos de apoio ao emprendemento que o Consorcio da Zona Franca puxo en marcha como ferramenta para cooperar na creación de emprego. Bas estudou os modelos de viveiro de empresas que o Consorcio desenvolve nos seus Centros de Iniciativas Empresariais (CIEs) e a posibilidade de instalar un en Redondela.

Pedrosa explicou ao alcalde redondelán que actualmente o Consorcio teñen dous CIEs, un no polígono da Granxa no Porriño e outro no parque empresarial de Porto do Molle en Nigrán. A misión dos Centros de Iniciativas Empresariais é o fomento da cultura emprendedora, o apoio á consolidación de empresas de nova creación a través da mellora da calidade da xestión empresarial e, sobre todo, a creación de emprego. Máis que un viveiro de empresas, os Centros de Iniciativas Empresariais do Consorcio de Zona Franca de Vigo buscan ser un referente sólido para todas aquelas empresas que empezan. A través de formación, de asesoramento e das mellores infraestruturas, axúdase a que os negocios prosperen cubrindo os servizos necesarios que unha pequena e mediana empresa necesita nos seus primeiros anos de vida. Os CIEs están deseñados para dar respostas ás necesidades de calquera empresa, xa sexa industrial ou de servizos, para o que se equipan con todas as comodidades e servizos. Ademais, neles establécense áreas de co-working para que os autónomos poidan traballar nun espazo ben equipado e que rompa o illamento típico ao que están abocados este tipo de profesionais.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará