Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados polas referentes piden que se celebre unha xuntanza con De Guindos en Galicia

RR_Noticias

A Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas de Redondela e comarca pídelle a Javier Bas que xestione unha entrevista entre o ministro de Economía e os alcaldes galegos para buscar unha solución e reclamarlle a devolución íntegra dos seus aforros.

 
Logo do acordado ao remate do pleno extraordinario celebrado o pasado mércores, cando o rexedor se comprometeu a solicitar unha entrevista co goberno central, desde a plataforma pídenlle agora que unha comisión de alcaldes de toda Galicia con representación de todos os partidos e representantes de plataformas se reúna co ministro de Economía para esixirlle unha solución ao tema das preferentes e subordinadas. Propoñen que esta reunión se realice en Galicia, xa que consideran que tería maior repercusión e para demostrarlle ao ministro que non sons “inversores”, senón aforradores que foron estafados polo banco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará