Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG leva ao pleno a mellora na seguridade da N-555 e o seu traspaso a titularidade autonómica

RR_Noticias

As queixas dos veciños polos perigos da estrada que une Redondela con Peinador son continuas nos últimos anos. Desde comezos de mes residentes das parroquias de Negros e Cedeira denunciaron cortes no alumeado público, o que supón un problema máis nun vial cunha elevada densidade de tráfico, curvas perigosas, e que carece de arcéns e beirarúas na maior parte do seu trazado.

As demandas dos veciños serán levadas ó pleno ordinario deste mes de xaneiro, que se celebra o xoves, día 31 ás 20.00 horas. Para o BNG a cuestión que reviste maior gravidade reside no evidente perigo e risco para os peóns que utilizan a diario a estrada. Transitar pola beira desta estrada pon en perigo evidente a todos aqueles peóns que fan uso a diario desta estrada para desprazarse entre as parroquias de Vilar, Cabeiro, Negros, Cedeira e Vilavella. Para superar esta situación o BNG vai levar a pleno unha moción na que solicitan o apoio do resto da corporación para solicitar ao ministerio de Fomento que se leven a cabo as obras necesarias de mellora viaria da estrada N-555 dotándoa ao longo do seu trazado das medidas necesarias en canto a sinalización, beirarrúas, canalizacións, cruzamentos, mellora na visibilidade, pasos de peóns, etc. Unha vez realizadas ditas obras, solicitan que o Ministerio de Fomento transfira a competencia da estrada N-555 á administración galega. Os nacionalistas lembran que mesmo a ubicación de paradas de autobús tanto escolar como de transporte público se realizan na propia calzada, o que volve a poñer en risco a seguridade viaria para os usuarios. Os inicios das obras da liña de Alta Velocidade, e a construción do túnel Vigo- As Maceiras, supuxo un aumento na intensidade do tráfico pesado. Dito aumento no número de vehículos, implicou tamén un deterioro na seguridade viaria. Rematadas xa as obras, o Bloque entende que se trata “dunha cuestión de xustiza” que o Ministerio de Fomento atenda as peticións veciñais e do propio Concello de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará