Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS comeza a segunda volta na casa do líder logo da incorporación de Julio Mougán

RR_Noticias

O pavillón Óscar Pereiro acolle o encontro deste sábado ás 18.00 horas entre o Autos Leiros Concello de Mos e o equipo redondelán. Logo da vitoria da pasada semana conseguiron saír dos postos de descenso, pero saben que un resultado positivo en terras mosenses é “moito máis complicado”.

O técnico redondelán Julio Mougán é consciente de que se trata dun rival “que non é da nosa liga” pero amósase convencido de que os rapaces “sairán a competilo” e farán o mellor xogo posible. Con todo, salienta que o máis importante e seguir acumulando sesións de traballo para adquirir o máximo rendemento “e afrontar con garantías” o resto da segunda volta para garantir a permanencia. Para este encontro terá todo o cadro a disposición, salvo o porteiro Iván por sanción e a dúbida de Borja, polo que a convocatoria é: Naka, Jorge, Tizón, Dani, Miguel, Manoliño, Portillo, Pedro, Champi e Iago. O regreso de Mougán supuxo “unha gran nova” para o club, logo de cinco anos traballando con equipos de Lanzarote e Ibiza. Agora quere compartir a súa experiencia co Redondela F.S. e axudar a sacar adiante todas as categorías. O seu regreso coincidiu cunha vitoria por 2-3 diante do Cafetería Luar en Ponteareas, pero o técnico cualifica a coincidencia como “anecdótica” e sinala que a vitoria é o resultado do traballo que veñen facendo ó longo de toda a temporada. Agora o seu traballo no club será tanto cos xogadores como cos técnicos do club. Sinala que o importante non son só os resultados, senón inculcar nos mozos “os valores do deporte”, e apoiando ós equipos de todas as categorías.  

Julio Mougán adestrador
Co seu regreso ao F.S. Redondela agarda poder achegar experciencia e ilusión ó equipo.
Autos Leiros-Redondela F.S.
Os redondeláns comezan a segunda volta na casa do líder en Mos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará