Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco recupera a senda da vitoria no Grove

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes volveron amosar o seu mellor fútbol no Campo da Vila. Os redondeláns recuperaron fol logo de tres derrotas consecutivas cun resultado de 1-3 nun encontro máis igualado do que reflicte o marcador. Pero para o adestrador o máis importante foi “rachar coa xeira de resultados negativos das últimas semanas”.

O resultado deixa ó Choco na 8ª praza do grupo, e a próxima xornada reciben en Santa Mariña ó Valadares, co que están empatados a puntos. Un equipo ó que os redondeláns coñecen ben, e que segundo Montes viaxará a Redondela para facer un partido “metidos no seu campo” e tentando facer gol ó contragolpe. Para o técnico será un encontro difícil, pero teñen tempo ó longo da semana para preparalo e buscar o xeito “de contrarrestar o xogo do rival”.  

Jacobo Montes adestrador
A vitoria supón un cambio de rumbo para o equipo.
Choco-Valladares
Os redondeláns tentarán contrarrestar a un rival que xogará a defenderse en Santa Mariña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará