Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela F.S. remata a primeira volta e comeza o ano cunha vitoria ante o Cafetaría Luar

RR_Noticias

O resultado de 2-3 en terras de Ponteareas permítelle ó equipo redondelán abandonar as posicións de descenso para situarse con catorce puntos e encarar a segunda volta con máis optimismo. Na Preferente Sur o C.D. Choco tamén recupera forza logo da vitoria de onte no Grove.

Futbol Sala Autonómica
Cafetería Luar 2-3 Redondela F.S.
Boas novas para o fútbol sala redondelán, xa que ademais deste resultado confirmouse a colaboración de Julio Mougán, que xunto a Roberto Lago dirixirán ao primeiro equipo. O técnico despois de oito anos volve á vila tras o seu periplo profesional en distintos clubs. Destacar tamén, que xunto a el, únese ao equipo técnico Puga como delegado. No partido durante os primeiros vinte minutos púidose ver a un Redondela moi serio e ordenado en defensa que só se viu ameazado con algún que outro tiro exterior e desde o punto de 10 metros, que sería onde os locais subirían o seu único tanto antes de marchar aos vestiarios con 1-3 no luminoso. Jorge e Manoliño por partida dobre conseguirían o triplete choqueiro. Nos primeiros minutos da segunda parte, o equipo redondelán desperdiciou numerosas ocasións para afastarse no marcador. O segundo gol de Cafetaría Luar apertou moito o encontro, dispondo incluso os de Ponteareas dun 10 metros para empatar, lanzamento que detivo Naka, substituto de Iván tras a súa expulsión no minuto 28. Ao final a condición física acabou sendo determinante. Sobre todo o cansazo dos locais que o día anterior disputaran tamén un partido aprazado. Destacar a participación do xogador do filial Champi, mesmo desde o quinteto inicial e do xuvenil Pedro, dando mostras claras da aposta pola base. A próxima xornada o equipo desprazarase até Mos para enfrontarse a un dos ósos da competición Autos Leiros C. Mos., líder da clasificación cos mesmos puntos que T. ABC Vigo F.S. O encontro será no pavillón Óscar Pereiro, o sábado ás 18.00 horas.
Preferente Sur

Unión Grove 1-3 Choco
Os de Jacobo Montes volveron amosar o seu mellor fútbol no Campo da Vila. Os redondeláns recuperaron fol logo de tres derrotas consecutivas nun encontro máis igualado do que reflicte o marcador. Os locais tardaron en coller o ritmo, e aos cinco minutos o Choco anotou o primeiro gol cun remate de Ropero. A actuación arbitral tamén foi protagonista, as protestas saldáronse con varias amarelas para o Unión Grove e mesmo a expulsión do técnico axudante dos locais. O Choco volveu marcar a pouco de renovarse o xogo tras o descanso, con gol de Caloi no minuto 56. Os locais recortaron distancias cun bo remate de Jandro que animou o encontro, e a piques estiveron de empatar pero Óscar sacou o balón de debaixo dos paus. Xa no desconto os de Redondela dispuxeron dun penalti que transformou Negro. O resultado deixa ó Choco na 8ª praza do grupo, e a próxima xornada reciben en Santa Mariña ó Valadares, co que están empatados a puntos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará