Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER convoca ós veciños de Cedeira a unha asemblea para coñecer as súas demandas

RR_Noticias

O Centro Cultural da parroquia acolle hoxe ás 19.00 horas unha xuntanza na que a Agrupación de Electores de Redondela se pon a disposición dos veciños para trasladar ó pleno do Concello as súas queixas ou preguntas. Os problemas do alumeado público na N-555 ou a instalación dun transformador no barrio da Portela son algunhas das cuestións que se abordarán.

Alfonso Blanco “Pochi”, membro de AER, entende que deben ser os propios veciños e colectivos da parroquia os que lles transmitan de primeira man cales os “as súas preocupacións e necesidades” para facelas chegar ó Concello e resolvelas “na medida do posible”. Por este mesmo motivo desde AER insisten na necesidade de “crear e poñer en funcionamento” os Consellos Parroquiais, xa que estes organismos de participación cidadá teñen capacidade para dirixir directamente as súas demandas ó Concello. No caso de Cedeira os problemas do alumeado público na N-555 será un dos temas a tratar, xa que supón “un grave risco” para os veciños. Desde hai semanas se teñen rexistrado deficiencias na iluminación, o que agrava a perigosa situación dunha estrada que ten un elevado volume de tráfico, con moitas curvas e que en moitos tramos carece de arcéns ou beirarrúas. A instalación dun transformador no barrio da Portela será outra das cuestións que se abordarán na asemblea que se celebrará esta tarde.  

Alfonso Blanco de AER
Animan ós veciños a participar para expoñer directamente as súas demandas e que AER poida trasladalas ó Concello.
Alumeado da N-555
Os problemas de iluminación nesta perigosa estrada será un dos temas a tratar esta tarde.
Consellos Parroquiais
AER insiste na importancia de poñer en funcionamento estes órganos de participación cidadá.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará