Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aprender xogando con “A historia de Martín” de Animar-t Teatro no Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

Misturamos a maxia do teatro, a música das grandes obras de Broadway e un conto para nenos e adultos. O resultado é “A historia de Martín”, un traballo da compañía Animar-t que chega este domingo a Redondela para ensinarnos que o mellor xeito de aprender é a través do xogo. Porque aínda que sexamos diferentes o noso único límite é a imaxinación.

Miguel Strada e Xiada Sanlés protagonizan esta obra, na que Martín e a súa mestra Doña Hortensia representan o futuro e o pasado, dous xeitos diferentes de vivir o mundo da aprendizaxe. A música, moi presente na historia, ofrece a oportunidade de trasladarnos a un mundo máxico. A través de versións propias de temas dos grandes musicais como Annie ou Mamma Mia, os protagonistas conseguen toda a atención do público adulto, e sobre todo do infantil, que se amosa “fascinado” cos temas do repertorio. Unha obra de teatro musical e familiar para este domingo ás 18.00 horas, as entradas custan 3€.  

Miguel Strada actor
A obra fala da importancia de educar ós nenos a través do xogo.
Temas musicais
A obra inclúe temas de grandes musicais como Annie ou Mamma Mia.
Audios de "A historia de Martín"
Fragmentos da obra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará