Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma de Afectados polas Preferentes continúa coas protestas no Concello de Redondela

RR_Noticias

Na procura dunha solución para todos os afectados por participacións preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco, a asociación da comarca de Redondela decidiu ampliar o seu calendario de mobilizacións. Onte protagonizaron unha concentración diante da casa consistorial redondelá e das oficinas do banco da vila, que repetirán todos os martes e venres de 10.00 a 12.00 horas.

Os xoves as concentracións será en horario de tarde, coincidindo coa apertura das sucursais da entidade, de 17.00 a 19.00 horas. Mañá, día 17, estarán diante da oficina de NGB de Arcade, e a próxima semana, o día 24, diante da sucursal de NGB de Cesantes no mesmo horario. Por outra banda, e logo de varias reunións cos alcaldes de Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén, contan co compromiso dos mandatarios locais para levar ós plenos dos tres Concellos unha moción de apoio ós afectados. No texto diríxense tanto á Xunta como ó Goberno Central para esixir que non apliquen ningún tipo de “quita”, que non se vexan afectados pola lei 9/2012 (no que se refire ás preferentes e subordinadas), que se manteña e “axilice” o sistema da arbitraxe e que se recoñeza a súa condición de “aforradores” e non inversores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará