Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR comeza a segunda fase polo título de Primeira Autonómica arroiando ao Camariñas

RR_Noticias

O equipo redondelán impúxose por 26-18 nun encontro que dominaron de principio a fin. No club amósanse moi satisfeitos cos resultados do equipo, que rematou a primeira fase invicto, e agardan ter opcións para participar na fase de ascenso. Peor sorte para o deporte local no fútbol, con derrota do Choco diante do Atios.

Balonmán Autonómica-2ª fase SAR Plastic Omnium 28-16 Camariñas Para Aurelio Krook, Lito, presidente do club redondelán, o equipo fixo “o mellor partido da temporada” e impúxose de xeito contundente ó líder do outro grupo, o Camariñas. Agora loitan polo título da categoría e están entre os grandes favoritos, aínda que lembran que teñen aínda que xogar con rivais importantes como O Pontevedra e o Rasoeiro. A directiva amósase “moi satisfeita” cos resultados do equipo esta temporada, que acabou a primeira fase invicto e agora loita polo título da categoría. E destacan ademais que o conseguiron sendo fieis á súa política de facer un conxunto “con xente da casa”. Lito confía en facer un bo papel e acadar a primeira ou segunda praza, que lles permita disputar a fase de ascenso. Sería “un xeito fermoso” de celebrar o 50º aniversario da SAR, que se conmemora este ano, e xa pensan en solicitar da Federación de Balonmán que o sector para a fase de ascenso se poida disputar en Redondela. Preferente Sur Choco 1-3 Atios A falta de puntería dos redondeláns pasoulles factura en Santa Mariña, xa que malia adiantarse no marcador cun gol de Caloi no minuto 37, os visitantes conseguiron darlle a volta ó marcador na segunda metade ao anotar tres tantos. A próxima xornada xogan no Monte da Vila, co Unión Grove. Segunda Autonómica Dena 3-0 Soutomaior Castrelos 1-1 Chapela Goián 6-0 Nespereira Próxima xornada: Soutomaior-Umia, Chapela-Teis, R.Bouzas B-Choco B, Nespereira-Ribera  

Aurelio Krook presidente
Lito amósase moi satisfeito cos resultados do equipo.
Ascenso a Primeira Nacional
No club entenden que hai posibilidades de volver a Primeira Nacional.
50º aniversario da SAR
A entidade deportiva cumpre 50 anos de historia co desexo de celebrar o sector en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará