Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local detén a un home cando tentaba roubar nunha churrería do paseo da Xunqueira

RR_Noticias

O suceso produciuse na madrugada do sábado, cando os axentes sorprenderon ó individuo, de 40 anos de idade no interior do establecemento onde supostamente tentaba roubar. A detención produciuse grazas a que un veciño alertou á policía cando viu ó presunto ladrón golpeando os cristais da cafetería. Por outra banda a Garda Civil detivo a un veciño de Soutomaior por saltar un control de tráfico.

O presunto ladrón, J.M.R.P., apoderouse dunha ducia de botellas de alcol de alta graduación e os cartos do bote das propinas. Cando era trasladado ao coche patrulla pegou unha patada a un portal dun edificio causando danos na porta. Os feitos sucederon ás 6.30 horas. A Policía desprazou a tres patrullas até o lugar e comprobaron que unha cristaleira estaba rebentada e, no interior do local, había unha persoa agochada. Ao proceder á súa detención o home opuxo resistencia, polo que foi reducido polos axentes. Segundo informou a Policía Local, o detido é un coñecido delincuente dela localidade e conta con numerosos antecedentes. O home foi posto a disposición do Xulgado de Redondela.
Un condutor de Soutomaior salta un control de Tráfico
A Garda Civil detivo a un veciño de Soutomaior tras darse á fuga ao recibir o alto nun control e circular de forma temeraria, ademais de desobediencia grave a axentes da autoridade. O condutor foi detectado nun control de seguridade no quilómetro 0,8 da estrada PO-310 (Poio-Campañó), no termo municipal de Poio. Os axentes déronlle o alto pero continuou a marcha aumentando a velocidade. A patrulla realizou un seguimento e facendo uso de sinais acústicos e luminosos para que se detivese, o condutor desobedeceu e seguiu circulando “de forma manifestamente temeraria” por diversas estradas ata que tivo unha saída de vía. O accidente sucedeu no lugar de Canicouva, onde caeu a unha leira desde unha altura duns dous metros, resultando ferido leve J.L.B.M., de 40 anos. Na fuxida, que durou uns 10 minutos, percorreu uns 12 quilómetros, producindo danos a dous vehículos que circulaban no seu sentido de marcha, cuxos ocupantes resultaron ilesos. Os axentes procederon á súa detención como presunto autor de delitos contra a seguridade viaria por condución temeraria e facelo tendo o permiso de condución retirado e outro por desobediencia grave a axentes da autoridade.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará