Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Redonxove” recolle 200 quilos de alimentos

RR_Noticias

A Asociación redondelá desenvolveu durante o mes de decembro unha campaña solidaria para recoller alimentos básicos e xoguetes entre os veciños do Concello que conseguiu sumar máis de douscentos quilos de produtos de alimentación básica e xoguetes que se repartirán entre as persoas e institucións de Redondela que as precisen.

Quilos e quilos de leite, pasta, arroz, aceite, entre outros que foron entregados simbolicamente este luns pola presidenta da Asociación “Redonxove” e varios membros do colectivo ao Concello de Redondela, a través do seu alcalde, Javier Bas e a concelleira de Servizos Sociais, Teresa París. A asociación fixo un agradecemento público a todos os participantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará