Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma de Afectados polas Preferentes reúnese co alcalde para pedirlle a súa mediación

RR_Noticias

Hoxe demandaranlle a Javier Bas a súa mediación diante da Xunta e goberno do Estado, tal como se acordou por unanimidade no pleno da corporación de Redondela. A Plataforma convoca tamén novas concentracións diante das oficinas de NGB en Redondela hoxe xoves e mañá venres, ás que seguirán mobilizacións nas sucursais de Cesantes e Arcade as vindeiras semanas.

A Plataforma de Afectados por Preferetes e Subordinadas de Redondela e Soutomaior esixen ás administracións que non se lles apliquen a lei recentemente aprobada. Esta nova normativa considera as afectados accionistas do novo banco, cando a plataforma entende que son simples “depositarios” dos seus aforros. Por outra banda, e segundo o acordado na última asemblea de afectados, convocan concentracións diantes das sucursais de NGB, como chamamento e denuncia pública “da estafa das subordinadas e preferentes” dirixida a todos aqueles organismos públicos “que teñen na súa man a solución desta desfeita” que afecta a miles de veciños e veciñas de toda Galicia. Comezaron onte en Redondela, e hoxe día 27 e mañá día 28 nas oficinas da vila, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Os días 31 de decembro e 3 de xaneiro trasladarán as concentracións á oficina de Arcade, e o 4 de xaneiro á sucursal de Cesantes, no mesmo horario.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará