Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diversión para todos co programa de Nadal da Asociación de Empresarios e o Concello

RR_Noticias

“Este Nadal queremos agasallarte con diversión”. Baixo este lema a Asociación de Empresarios de Redondela e o Concello presentan unha ampla programación que comezou xa a pasada fin de semana e que se prolonga ata o 12 de xaneiro con obradoiros, teatro, concertos, animación de rúa e moitos premios.
 

Logo das actuacións da Rondalla de Redondela, Experianza e o festival de Débora Danza, este xoves día 27 chega ó Multiusos da Xunqueira o “Pequeteatro” coa obra Babs, de Cía Asacocirco, ás 18.00 horas.  O venres 28 os máis pequenos volven ser protagonistas con “A voar” de Sarabela Teatro, ás 18.00 horas. A vindeira semana, o venres día 4 de xaneiro, o espectáculo infantil corre a cargo da compañia Mamá Cabra con “Xa me tardan estes Reis”, ás 12.00 horas. O venres 11 de xaneiro celébrase a Gala do Comercio de Redondela coa entrega de premios da campaña de Nadal “Mercar en Redondela ten premio”, ás 20:30h. O sábado 12 de xaneiro celébrase no Multiusos o Concerto Orquesta de Saxos ás 20.30h. E xa está aberta a Carpa de Nadal, na Praza da Casa da Torre, que é o punto de referencia das actividades de animación até o 4 de xaneiro. Todos os días en horario de 11,30 a 13,30 e de 17,00 a 19,00 horas haberá xogos e obradoiros para os nenos que serán atendidos por un grupo de elfos ao cargo dos cales os pais poderán deixar a cargo aos cativos. Os rapaces non só se divertirán senón que tamén aprenderán as costumes de Nadal doutros países, xogarán a xogos tradicionais coa participación dos pais e avós e aprenderán o valor da reciclaxe. Tamén será este o lugar onde se celebre a festa infantil de Fin de Ano o día 31 pola mañá. Por outra banda, no entorno do Palco da música da Alameda de Redondela se situará a outra zona de ocio con atraccións como carruseis, minicoches de coches e inchables. Todas as atraccións da Alameda teñen un 50% de desconto cos vales que os clientes poderán conseguir nos establecementos da localidade. A Coca Simona tamén ten un destacado papel nesta programa de animación con pasarrúas, tanto en Chapela como en Redondela. O punto final de todo este programa Navideño será a Cabalgata de Reis que será o sábado 5 de xaneiro a partir das 18:00h dende Vilavella.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará