Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nadal para todos no C.S.D.C. Chan das Pipas

RR_Noticias

A Cultural de Saxamonde prepara actividades para toda a familia. O domingo recibirán a visita do Apalpador coa agasallos para os máis pequenos, tamén organizan varios obradoiros de pintura, papiroflexia e furoshiki, a festa de Fin de Ano e o Canto de Reis.

Paulo Jablonski explica que o obxectivo da asociación é facer unha programación “aberta a todos os públicos”. Durante as vacacións de Nadal o Centro Cultural será escenario de obradoiros, festas e animación. Como novidade este este domingo 23, ás 18:00, visitará Saxamonde o auténtico Apalpador que contará a súa historia e agasallará con presentes aos nenos e nenas que se acheguen. Os ensaios para o Canto de Reis serán os días 27 de decembro e 3 de xaneiro, unha tradición recupera en Saxamonde hai algo máis dunha década e que este ano incluirán cantigas recollidas no Cancioneiro de Casto Sampedro. O Centro programa tamén un obradoiro de Furoshiki, a arte xaponesa de envolver agasallos con teas, o día 27 de decembro, e outro de papiroflexia, o día 29. Tamén se organizan dous obradoiros de pintura para decorar a Biblioteca da Cultural, que pronto será inaugurada. Trátase dun espazo composto por libros cedidos por socios, colexios e particulares e decorado cun mural total pola artista redondelá Marta Cabaleiro. Nos obradoiros, pequenos e maiores, poderán completar a decoración da habitación e participar activamente na construción dese recuncho de cultura de Saxamonde. Serán os días 28 de decembro e 3 de xaneiro. Haberá tamén un videoforum infantil o día 30 de decembro coa proxección da película de Walt Disney “El Agujero Negro”, e a Festa de Fin de Ano para recibir ó 2013 a partires das 01.00 horas.  

Paulo Jablonski presidente
Unha das novidades será a chegada do Apalpador a Saxamonde.
Canto de Reis
A asociación prepara os ensaios para o Canto de Reis que incluirá temas recollidos no cantigueiro de Casto Sampedro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará