Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obras en Chapela para mellorar seguridade

RR_Noticias

O esborralle dun noiro na estrada N-552 obrigou ao Ministerio de Fomento a reforzar a seguridade coa construción dun muro de contención. Os operarios comezaron onte os traballos, logo de as chuvias provocaran a caída dun talude de terra e pedras duns cinco metros de altura.

O servizo de Demarcación de Estradas, dependente de Fomento, iniciou onte os traballos para levantar un muro de contención e evitar novos derrubamentos. Os veciños da zona levaban meses advertindo do perigo deste talude, cun muro de pedras en moi mal estado. As obras, que xa estaban previstas, adiantáronse logo de que o temporal da pasada fin de semana provocara o esborralle do muro. Os traballos, no barrio de Xapón, obrigan a regular o tráfico na zona, con limitación de velocidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará