Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous detidos por alcolemia en Redondela

RR_Noticias

Unha das detencións produciuse no centro da vila na tarde de onte, a outra foi de mesma madrugada na estrada nacional, a altura de Rande. Nos dous casos os condutores realizaban manobras indebidas e presentaban unha taxa de alcolemia moi superior á permitida.

Eran ás 18.00 horas de onte luns cando a Policía Local interceptou a un veciño de 78 anos, M.T.F., que circulaba nun motocultor na rúa Pai Crespo. Conducía o vehículo con síntomas de embriaguez, e non atendeu ás advertencias dos axentes, tentando atropelar a un deles. Produciuse un forcexeo e o condutor ameazou e insultou ós policías. Unha vez practicada a proba de alcolemia arroxou un resultado de 0,79 mg por litro de aire aspirado, o que supón máis do triplo do permitido ó volante, que está en 0,25 mg. Foi detido e posto a disposición xudicial. O outro condutor detido, A.A.D., de 34 anos, conducía un turismo pola N-552 na zona entre Rande e A Formiga. Eran as 05.00 horas da madrugada e circulaba polo carril contrario. Isto levou á Policía Local a iniciar unha persecución ata interceptalo. Logo de comprobar que presentaba síntomas de embriaguez os axentes practicáronlle a proba de alcolemia, e o resultado foi de 1,08 mg, o que supera en máis de catro veces o permitido pola lei. Foi detido e posto a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará