Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela colaborará coa Xunta na programación cultural da illa de San Simón

RR_Noticias

Ao remate do pleno celebrado onte no Multiusos da Xuqueira, o alcalde Javier Bas, explicou que conta co compromiso da Consellería de Cultura de manter a “xestión pública” da illa de San Simón, logo de que a Xunta decidira eliminar a Fundación. O Concello participará nunha comisión mixta para elaborar a programación cultural e a difusión da illa e o seu patrimonio.

A Fundación Illa de San Simón, creada en 2007, foi suprimida dentro da política da Xunta de “adelgazar” a súa estrutura. Bas explicou que a partires de agora existirá “un novo modelo de xestión”, aínda que iso non significa que antes houbese “unha mala administración” por parte da xerencia. O alcalde mantivo onte unha xuntanza con Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, quen se comprometeu a crear unha comisión mixta para que Xunta e Concello de Redondela colaboren na organización de eventos na illa. A Consellería de Cultura seguirá dinamizando a actividade cultural e promovendo os valores patrimoniais de San Simón. O departamento do goberno galego garante así que o arquipélago manterá unha programación estable con iniciativas dirixidas a potenciar o seu valor cultural, natural e paisaxístico. O departamento da Secretaría Xeral de Cultura será o encargado de impulsar, coa colaboración do Concello de Redondela, actividades e proxectos que contribúan a consolidar a illa de San Simón como referente cultural e social, a través da organización de congresos, cursos, xornadas, seminarios, festivais ou concertos. Desta maneira, manterá os obxectivos fundacionais da extinguida Fundación e o labor desenvolvido até agora por esta entidade. Xunto co desenvolvemento de actividades culturais e educativas, a Consellería xestionará as instalacións e edificacións da illa de San Simón a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, polo que o seu funcionamento continuará baixo dominio público. Tamén se fomentará o deporte de vela e impulsarase a investigación, en especial a orientada ao mundo do mar e da memoria histórica.  

Javier Bas alcalde
O rexedor explicou que o Concello participará na xestión e programación cultural da illa de San Simón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará