Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma en Defensa da Cultura propón reunirse co goberno para analizar a xestión cultural

RR_Noticias

Representantes do colectivo veñen de solicitar unha nova reunión entre as asociacións integradas na Plataforma e o alcalde, Javier Bas, e o concelleiro de Cultura, Alberto Pazos. O obxectivo é estudar os criterios de valoración que se aplican para conceder axudas económicas ás actividades culturais.

A Plataforma en Defensa da Cultura en Redondela está actualmente constituída por máis dunha vintena de asociacións culturais, colectivos e entidades sociais. Na xuntanza que solicitan pretenden facer unha proposta de tipos de actividades e actuacións encadrables dentro dun proceso de concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva no eido cultural do Concello de Redondela. Tamén unha proposta de posibles criterios de valoración para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva no eido cultural do Concello de Redondela. Tamén solicitarán que nesa reunión o Concello presente, tal como se comprometeran na anterior xuntanza, os avances na elaboración das bases para a concesión de axudas, subvencións e convenios no eido cultural.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará