Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta estuda ampliar a ponte de Julián

RR_Noticias

Técnicos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas visitaron Redondela para estudar a situación na que se atopa esta infraestrutura, que une o centro urbano da vila coa parroquia de Reboreda pola estrada PO-250. Desde hai tres meses na beira da ponte faltan varias bloques por mor dun accidente de tráfico.

Os veciños da zona xa manifestaron en reiteradas ocasións o seu malestar polo risco que supón a situación da ponte, moi estreita, tanto para os condutores como para os peóns. Os representantes da consellería, que percorreron a zona acompañados polo alcalde, Javier Bas, e o concelleiro de Urbanismo, Arturo González, tamén analizaron posibles solucións para acometer un proxecto de ampliación da ponte. A mellora desta ponte xa foi abordada en novembro do pasado ano durante unha reunión en Santiago de Compostela entre o rexedor redondelán e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. Naquela ocasión, o responsable de Infraestruturas asegurou que o seu departamento estaba a traballar no proxecto de mellora da ampliación do viaduto co obxectivo de dotalo dunha anchura adecuada, e anunciou que esta actuación se priorizaría por parte da consellería “en función das dispoñibilidades orzamentarias”
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará