Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Telleira terá un novo miradoiro

RR_Noticias

A Xefatura Territorial de Costas do Estado comezou a pasada semana as obras do miradoiro da Marisma, que se situará ao final do paseo da Telleira. Os traballos consistirán no acondicionamento do firme do miradoiro cun empedrado semellante ao do resto do paseo, unha varanda de madeira e varios bancos.

A actuación completarase coa reparación dos tramos do paseo que se atopan deteriorados e que serán repostos. A propia xefa provincial de Costas, Cristina Paz-Curbera, acudiu hai unhas semanas a Redondela para manter unha reunión co alcalde, Javier Bas, e ambos percorreron este paseo polo litoral de Cesantes e así coñecer persoalmente a súa situación. Durante o encontro, Paz-Curbera comprometeuse a executar as obras de reforma deste espazo costeiro e habilitar un miradoiro ao final do tramo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará