Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta elimina a Fundación Illa de San Simón

RR_Noticias

Este será unha dos organismos e Direccións Xerais da Administración Autonómica que desaparecerá segundo recolle o decreto aprobado polo Consello da Xunta. Deste xeito o goberno galego pretende eliminar un 10% dos seus altos cargos,  o que estiman que suporá un aforro de dous millóns de euros ao longo da lexislatura.

Todas as consellerías veranse afectadas por estas supresións, entre elas a de Cultura e Educación na que se eliminará o cargo de xerente da fundación pública Illa de San Simón, que se extinguirá logo de cinco anos de traballo. A fundación nacía en 2007 co obxectivo de conservar e promover os valores patrimoniais e dinamizar a actividade cultural do arquipélago. Durante estes anos foi sede de importantes congresos, seminarios, actos culturais e concertos.Estas medidas forma parte do plan de racionalización da Xunta, no que se empezou a traballar xa na pasada lexislatura e os recortes afectan a todas as consellerías, ben directamente ou ben aos seus órganos paralelos. Co recorte aforraranse, só en soldos e persoal, un total de dous millóns de euros ao longo de toda a lexislatura. Entre os cargos que se suprimen, ademais do Xerente da Illa de San Simón, posto ocupado por Franscisco Javier Alonso, tamén está o presidente do Xurado de Expropiacións de Galicia e o responsable do Centro de Estudos do Territorio, ambos con rango de director xeral, que agora serán subdirectores. Na Consellería de Sanidade refundiranse o Centro de Transfusión de Galicia, a oficina de coordinación de transplantes e os bancos de tecidos terapéuticos nun único organismo, á vez que desaparecerá o director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Hai outras dúas supresións que se levará a cabo a través dos Presupostos da Xunta do 2013, como o director do Instituto Galego de Estatística ou o do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará