Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibe 74.000 euros para a posta en valor de Monte Penide e outras actuación no rural

RR_Noticias

A creación de espazos de convivencia en diferentes parrroquias do Concello e a instalación de sistemas de enerxía solar en instalacións municipais serán outras actuacións que se financien con estes fondos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

No caso de Monte penido o obxectivo é a posta en valor do patrimonio cultural e paisaxístico da zona e o traballo de recuperación e sinalización do Monte Penide Prehistórico. Dentro deste programa de axudas Fornelos de Montes recibirá case o doble, 140.000 euros, para o proxecto de mellora e acondicionamento da área recreativa en Portovilán, a construcción dun parque infantil detrás da igrexa de Fornelos e a restauración e posta en valor dos lavadeiros de Pazos, de Brea, da Xesteira e do Caño. O Concello de Pazos de Borbén recibirá 12.000 euros para a mellora do servizo e accesibilidade nas piscinas municipais. En total a Xunta financiou ná área metropolitana de Vigo 16 proxectos en áreas rurais por un total de 600.000 euros, con axudas que acadan o 90% do seu orzamento. A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, presentaron esta mañá os proxectos aprobados e subvencionados pola Xunta para á área territorial de Vigo. O proxecto que recibe unha maior subvención é o presentado polo Concello de Vigo, que alcanza os 133.000 euros para financiar nun 86,26% a humanización do entorno da igrexa de Zamáns.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará