Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco golea no último cuarto de hora

RR_Noticias

A entrada de Albert no minuto 77 supuxo un xiro radical no xogo do conxunto redondelán, que anotou tres goles en doce minutos. Na Segunda Autonómica os resultados non foron tan positivos, e tan só o Chapela conseguiu sumar un empate.

Preferente Sur
Choco 3-0 Arenteiro
O equipo de Jacobo Montes fixo méritos desde o primeiro minuto para gañar con claridade ó rival, pero a falta de acerto de cara á portería do Atenteiro condenou os redondeláns a sufrir ata os últimos minutos. As cousas cambiaron coa entrada de Albert no minuto 77, que serviu para darlle novos aires ó Choco. O primeiro balón que tocou acabou en gol, cunha vaselina (1-0, min.78). O Arenteiro lanzouse en busca do empate, deixando máis ocos atrás, circunstancia que aproveitou o Choco para pechar o partido. Primeiro foi Negro cun cabezazo nun córner (2-0, min.81) e Ropero, tras un bo servizo de Diego, pechou a goleada (3-0, min.91). O próximo rival dos redondeláns será o Mondariz, co que xogarán en terras do Condado.
Segunda Autonómica
S. Esteban 2-0 Choco B
Chapela 1-1 Santa Mariña
Amanecer 5-1 Soutomaior
Xinzo 8-0 Nespereira
Próxima xornada:
Choco B-Chapela
Zacande-Soutomaior
Nespereira-Louro
Terceira Autonómica
Monteporreiro 2-0 Cesantes
Arcade 2-0 Cotobade
Próxima xornada:
Cesantes-Moaña
Arcade-Santomé
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará